Evento
AXENDA | O clube de lectura volve á actividade co autor limiao Candido Paniagua
8/4/25
a
8/4/25
20:30
a
22:30
Biblioteca Antelana

7 de abril de 2025, 19:26
O Concello de Xinzo de Limia anuncia a volta do Club de Lectura Antelea, que retomará as súas sesións o martes 8 de abril, cun encontro literario que contará coa participación do escritor Cándido Paniagua Pousa.
A cita terá lugar ás 20:30 horas na Biblioteca Antelana, onde o autor presentará e comentará coa veciñanza a súa novela “48 horas”. A actividade está aberta a todas as persoas interesadas, sen necesidade de inscrición previa.
Este encontro marca o inicio dunha nova tempada de lecturas compartidas, promovendo o diálogo, o pensamento crítico e o acceso á cultura desde a lectura colectiva.
