Evento
AXENDA | Actividades deportivas para comezar agosto en Vilar de Barrio

A Asociación Xuvenil Os Gaiteiros organiza varias actividades deportivas para comezar o mes de agosto en Vilar de Barrio. A primeira terá lugar o día 3 e será a VII Andaina Popular da localidade, que partirá ás 9:00 horas da Praza do Toural e seguirá unha ruta pola beira do Arnoia, por outros camiños e regresará a Vilar de Barrio.
Os primeiros 50 inscritos recibirán un agasallo e, nalgún punto da ruta, os participantes contarán con froita e auga. Ao remate, haberá opción de xantar xuntos bocadillos levados da casa ou non. Estes pódense reservar antes do 1 de agosto para que o xestione a organización, cun importe de 5 euros. A inscrición para participar está dispoñible aquí.
A segunda das propostas deportivas é a XV Ruta Cicloturística de Vilar de Barrio, que se celebrará o 6 de agosto. A saída será ás 10:30 horas do Toural e a ruta será dun 25 quilómetros de dificultade fácil. A recorrida de dorsais será de 9:30 a 10:15 horas.
A inscrición pode facerse aquí. Entre os participantes sortearase unha bicicleta e habrá un trofeo para o ciclista máis veterano. Ao final do percorrido repartiranse bocadillos, froita e bebida.
