domingo. 27.04.2025

Evento

AXENDA | Ludoteca de Pascua en Vilar de Barrio

12/4/25 a 12/4/25
10:00 a 14:00
Concello de Vilar de Barrio
Ludoteca de Vilar de Barrio en Semana Santa.
Ludoteca de Vilar de Barrio en Semana Santa.

O Concello de Vilar de Barrio organiza unha nova sesión da Ludoteca municipal este sábado 12 de abril, cunha proposta pensada para que as crianzas desfruten dunha mañá divertida e creativa. Nesta ocasión, a actividade xirará arredor das manualidades de Pascua e xogos, aproveitando o ambiente festivo destas datas.

A xornada desenvolverase nun ambiente lúdico e seguro, no que as nenas e nenos poderán dar renda solta á súa imaxinación decorando ovos de Pascua e participando en diferentes xogos. Trátase dunha actividade gratuíta promovida polo Concello, que busca fomentar a participación infantil, a creatividade e o lecer compartido.

A ludoteca está aberta a todas as crianzas do municipio e arredores, convidando ás familias a sumarse a esta proposta de ocio educativo.

 

Ludoteca de Vilar de Barrio en Semana Santa.
Ludoteca de Vilar de Barrio en Semana Santa.