Evento
AXENDA | Rochi Nóvoa Vázquez presenta a súa exposición "Veladuras do Silencio"

O próximo domingo 6 de abril ás 13:00 terá lugar a presentación da exposición "Veladuras do Silencio". Neste proxecto, a artista Rochi Nóvoa, presenta unha serie de obras nas que combina acuarela, collage e outras técnicas para transmitir a forza, a fragilidade e as emocións das mulleres. A través de retratos, as súas creacións capturan miradas profundas que comunican sen palabras, dando forma a historias de nostalxia, soidade e beleza.

A inauguración estará acompañada dun recital poético-musical de Daniel Soldevilla, creando unha experiencia única que fusiona a arte visual e a música. O evento terá lugar en Baño de Molgas, Rúa Samuel González Movilla 47A, un espazo acolledor para compartir esta xornada tan especial.
Se desexas asistir ao xantar posterior, é recomendable reservar mesa con antelación na Taberna para garantir o teu sitio.
Non perdas a oportunidade de mergullarte no mundo de Veladuras do Silencio e disfrutar dunha experiencia artística completa.