jueves. 21.11.2024

Evento

AXENDA | Trandeiras, 500 anos da chegada dos franciscanos

4/1/24
19:30
Café cultural Ítaca, Xinzo de Limia.
trandeiras 28-09-22 (10) (FILEminimizer)
Mosteiro de Trandeiras.

No pasado mes de decembro cumpríronse cincocentos anos desde que os franciscanos chegaron ao convento do Bon Xesús de Trandeiras, no concello de Xinzo de Limia.

Para comemorar esta efeméride, mañá celebrarase un acto aberto ó público no que o historiador Alexander de los Ríos situará a historia do convento e dará conta dos novos achados en Trandeiras. O faladoiro terá lugar ás 19:30 horas no Café cultural Ítaca, en Xinzo.

Un acto que servirá para unir ideas e crear unha proposta de divulgación sobre a arquitectura de Trandeiras e a presenza da orde franciscana na comarca. O Bon Xesús de Trandeiras destaca, sobre todo, pola súa elegancia gótica; unha edificación que data do século XVI, pero que ten elementos dos séculos XII, XV, XVII e XVIII.

O evento está organizado coa colaboración de diversas asociacións e entidades ligadas á Limia: Centro de Cultura Popular do Limia, Padroado do Museo da Limia, Grupo de Estudios Históricos Pedro González de Ulloa, Casa da Lagoa de Sandiás e a sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural.