Evento
AXENDA | Último día da IV Feira do Comercio de ProLimia
27/8/23
a
27/8/23
10:00
a
21:00
Pavillón municipal de Xinzo
25 de agosto de 2023, 10:56
A Feira do Comercio de ProLimia remata este domingo a súa cuarta edición no pavillón municipal de Xinzo.
Programa de actividades
- 10:00 horas: Apertura da Feira
- 11:00 horas: Obradoiro de Macramé impartido por “Rosa Artesanía”.
- 11:30 horas: Pasarrúas co grupo "Tarde Piache" (Escola Mun. de Gaitas & Percusión).
- 12:00 horas: Sesión vermouth con Disco Móvil.
- 18:00 horas: Taller de barro impartido por “Arte Arrebol”.
- 18:30 horas a 20:00 horas: Bautismo ecuestre en poni ou en cabalo para nenos e adultos (Entradas gratis e limitadas).
- 20:00 horas: Xogo do bingo con premios inmediatos (Os cartóns para poder participar neste xogo conseguiranse nos stands que están na feira coas compras que se fagan).
- 20:30 horas: Sorteo PREMIO FINAL DE FEIRA: Consistirá nun sorteo dunha viaxe para 2 persoas. (As participacións repartiranse durante os 3 días de Feira coas compras. A persona que resulte premiada deberá estar presente no recinto feiral no momento do sorteo).
- 21:00 horas: Peche.