Evento
IMOS DE FESTA | Zadagós, Chousela, Corga e Lavandeira honran ó San Roque
11/8/23
a
13/8/23
Zadagós, Chousela, Corga e Lavandeira. Sandiás.
7 de agosto de 2023, 11:20
Fin de semana de festas na honra do San Roque que comezarán coa gran cea popular o venres, 11 de agosto, ás 21:00 horas. Será necesario anotarse con antelación para poder participar nunha cea que rematará con música.
O sábado, a disco móbil O'Pataquiña amenizará a verbena a partir das 21:30 horas. O día grande das festas será o domingo, día 13, que comezará coa misa e a procesión ás 11:15 horas, para continuar cunha sesión vermú e rematar a xornada coa actuación do dúo Explosión a partir das 20h.