FESQ22 🐺 | Coidar a historia é parte da Festa

FESQ22

Neste artigo voume centrar na parte escénica do Esquecemento. Antes de nada, debo poñer en valor todas as directivas que estiveron e están, porque non e doado levar a bo porto e a gusto de todos a Festa.

Creo que foi no 2006 e no 2007 cando Ánxeles Portela (por aquelas presidenta de Teatro Aneis) díxome se faría un Esquecemento máis cultural e no que os protagonistas foran xente da Limia. 

O reto non era doado pero coa súa axuda e a doutra xente fixéronse actividades que intentaban facer desta festa castrexo romana algo digno (sempre temos a idea de que as mellores cousas son de fóra) e tratar de demostrar que se pode. Non sei se o conseguimos pero intentar, intentámolo.

O primeiro foi faguer algúns cambios no paso do río e tratar de darlle máis protagonismo os castrexos. Non vía forma de faguelo, mais xurdiu a idea de representar unha obra de teatro simulando un campamento castrexo. 

Isto era o sábado á noite, no campamento. A verdade é que á xente gustáballe e sempre me quedou o ruxe ruxe de faguer algo parecido no outro lado do río, simulando o campamento romano, pero faría falla moita infraestrutura tanto de son como de luces e por unha cousa ou outra nunca se chegou a realizar. 

Esta é unha festa histórica, polo que hai que faguer un traballo de documentación imprescindible para ser o máis rigoroso posible. Non esquezamos que estamos ante unha festa que recrea o pasado e para eso hai que investigar moito.

Lembro que outra actividade era crear xogos infantís populares o sábado pola maña e tamén tratar de que os cativos, participaran dalgún xeito porque os pequenos sempre son o futuro. Quedou o mal sabor de boca de non ter a iniciativa de propor algo exclusivamente feito por rapaces para que a semente agromara.

Outra das iniciativas era a loita de escravos no circo romano onde so un quedara vivo. E aquí o reto era maiúsculo. Ánxeles axudoume a documentarme para os guións e uns seis ou sete homes limiaos decidiron dar un paso adiante. Coa axuda dun profesor de artes marciais, eu na parte escénica e, sobre todo, coa ilusión deles, conseguiuse. O segundo ano foi tan redondo que os aplausos aínda parece que soan hoxe. E todo cuns bravos limiaos. Antes da loita paseábanse os escravos por algunhas rúas de Xinzo para atraer xente ao espectáculo.

E quedaron cousas no tinteiro, e ideas que foron aparecendo cos anos como a de darlle máis protagonismo as vestais e, en xeral, a toda aquela xente que tiña interese en faguer cultura. E sei que hai mulleres romanas que están dispostas a, con tempo, participar dalgunha idea que ferve nos miolos.

E solo unha opinión: Creo que hai que empezar con tempo, con compromiso de actores e actrices para que saian as cousas. Esta é unha festa histórica, polo que hai que faguer un traballo de documentación imprescindible para ser o máis rigoroso posible. Non esquezamos que estamos ante unha festa que recrea o pasado e para eso hai que investigar moito. E innovar, sorprender. Difícil pero, como sempre, non imposible.

Darlle pulo á parte castrexa e introducir cando se poida cousas que nos fagan viaxar durante tres días o pasado. Que unha persoa de calquera lugar de Galiza ou da Península que veña á Festa quede tan satisfeita pola parte de recreación histórica como seguro queda coa parte lúdica.
 

Manuel Fontemoura é escritor e director teatral.