Paso a pasiño faise camiño
Vai mes e medio de competición e o Antela FC xa sabe o dura que é a Preferente e o pouco ou nada ten que ver coas categorías provinciais.
Orzamentos de seis cifras, estadios, estruturas deportivas, xogadores diferenciais, técnicos de renome, patrocinios, etc.
A pretempada foi boa e o inicio está sendo notable. Despois de dous xogos (Pontevedra B e Ribadumia) nos que o equipo non deu o nivel, o Antela está demostrando que a base de loita, rigor defensivo e concentración pode competir contra calquera. Boa proba diso son as vitorias en Barrantes e na casa contra o Cultural Areas e o Beluso.
Cada ano hai máis empresas que confían no proxecto, a cifra de socios volve superar os 500 e a entidade gañouse o respecto dos entendidos do fútbol provincial.
A clave está no método Sabucedo. Tódolos xogadores teñen minutos e todos probaron o banco cando non estaban no nivel que se requiría. O equipo sabe que a única maneira de salvar a categoría é correr máis que o rival, axudar os compañeiros, presión alta e concentración a balón parado.
Outro aspecto importante é a estabilidade que transmite o club en tódolos sentidos. Cada ano hai máis empresas que confían no proxecto, a cifra de socios volve superar os 500 e a entidade gañouse o respecto dos entendidos do fútbol provincial.
Entre medias chegou a copa e a mesma decepción de sempre. Sen dúbida o punto fraco desta directiva. Neste últimos 6 anos sempre se caeu nas primeiras roldas salvo a eliminación do ano pasado co Barbadás. Lonxe quedan as semifinais ante o Verín no 2007 ou a copa gañada no 2004 ante o Celanova.
O equipo sabe que a única maneira de salvar a categoría é correr máis que o rival, axudar os compañeiros, presión alta e concentración a balón parado.
De calquera maneira o proxecto ilusiona, o club aprendeu da experiencia de hai tres anos e teima en que a categoría que merece A Limia é a Preferente. A creación e bo comezo do filial reforza a idea, a afección segue respondendo e nas beiras dun novo proceso electoral, as catro formacións políticas xa declararon a súa intención de incrementar o apoio.
O Antela FC ten un reto na mente que non se consegue dende hai 20 anos, estar na Preferente dous anos seguidos. Entre tod@s, paso a pasiño faise o camiño.
[Forza, Dani Pérez!]
Daniel Xardón Machado é directivo do Antela F.C., e mestre de Educación Física da Consellería Educación.