Xogar un partido máis, sen máis...
FASE DE ASCENSO A PREFERENTE
O domingo A Limia vivirá un día importante. Importante no deportivo e no social. O domingo o noso Antela poderá volver á Preferente. Foi un ano complicado. As expectativas eran altas en setembro pero o equipo non funcionaba e en Cartelle tocouse fondo. Dende aquela o equipo fixo unha tempada espléndida que pode ser culminada co campionato e o ascenso ante o Sporting Carballiño.
Nun partido coma este a presión sobre os xogadores é elevada. Todo está de cara. Xogamos na casa, o rival non se xoga nada (ademais de competir dignamente e deixar boa imaxe). Durante a semana vas pola rúa e todo o mundo comenta que está feito, que agora queda o máis fácil, que somos superiores, que o rival non gañou ningún partido na fase, etc.
Ante unha situación coma esta os futbolistas teñen que estar á marxe. É importante facer os adestramentos coma sempre e non saír da dinámica habitual de cada semana. Hai que fuxir de charlas motivadoras xa que o partido en si xa é unha motivación.
Hai que traballar situacións que se poden dar no encontro como que tarde en chegar o gol, que o rival perda tempo, que o rival trate de quitarte do partido. En definitiva, trátase de naturalizar o partido como o que é un partido. O éxito estará en conseguir que os xogadores desconecten do fervor do entorno para que centren os seus pensamentos unicamente no xogo a disputar.
É importante facer os adestramentos coma sempre e non saír da dinámica habitual de cada semana. Hai que fuxir de charlas motivadoras xa que o partido en si xa é unha motivación.
No plano social as esperanzas da afección son moitas. Nos últimos partidos o apoio tanto nos encontros da casa como nos de fóra foi sobresaliente. Este domingo agárdase moita presenza de limiaos no estadio para animar. Todos e cada un de nós debemos dalo todo para que se hai momentos difíciles no partido (que os haberá) os xogadores saiban que estamos na bancada para entre todos conseguir o obxectivo. Tan importante como o traballo do equipo é o esforzo da afección para encher o estadio coma o último ano de Preferente ou a época dos 80. Se é algo somos superiores na categoría é na constancia dos nosos seareiros.
O éxito estará en conseguir que os xogadores desconecten do fervor do entorno para que centren os seus pensamentos unicamente no xogo a disputar.
O domingo esperamos contrarrestar a presión e repetir as experiencias dos ascensos do 84, do 2002 en Maside, do 2007 en Lobios e do 2018 en Rante e así conseguir o quinto ascenso e o cuarto título de liga. O éxito do Antela será un éxito de toda A Limia.
Daniel Xardón Machado é directivo do Antela F.C. e mestre de Eduación Física da Consellería Educación.