Celebráronse as Olimpiadas Rurais na alameda do Toural de Xinzo de Limia cun completo programa de xogos populares e un fin de festa con foliada. A competición, por equipòs mixtos, resolveuse nas probas de Loita Galega, o equipo de Vilar de Santos sumou os puntos suficientes con dúas vitorias na categoría feminina para chegar sen apuros ao lanzamento de pataca, a proba que pechou o programa.