Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio, sobre a retirada de axudas aos campamentos de conciliación
05 de julio de 2022 (09:00 h.)
O Concello de Vilar de Barrio, despois de 3 anos, ficou excluído da subvención da Xunta de Galicia para o campamento de conciliación de verán, catro quendas cunha media de 30 nenas e nenos cada quincena que son atendidos por tres monitoras en horarios de mañá e realizan actividades relacionadas coa igualdade de xénero, e tamén coa saúde, a cooperación, a posta en valor do patrimonio ou a sensibilización medioambiental.