O limiao Bruno Gómez, elixido como o mellor barman mozo de Galicia
28 de marzo de 2023 (11:20 h.)
Bruno Gómez, natural de Xinzo, vén de gañar o Campionato Galego de Coctelería na categoría de barman con maior proxección, o que o sitúa como o mellor barman mozo de toda Galicia. Este rapaz de 21 anos conta nesta entrevista, mentres prepara o cóctel "Caballito de Mar" co que gañou, como se adentrou neste mundo dos cócteles e que influencia tivo que a súa nai sexa a propietaria do bar O Cruce de Piñeira de Arcos (Sandiás).