VÍDEO - Rolda de prensa de Elvira Lama acompañada por todo o goberno municipal
21 de septiembre de 2022 (18:07 h.)
A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, xunto co resto de membros do goberno municipal, compadeceu esta mañá no salón de plenos da Casa Consistorial para facer públicos dous informes de Intervención co fin de valorar a situación económica do Concello. Lama centrouse en desarmar o informe de reparo da Intervención que todos os grupos aprobaron no último pleno. Explicou que a interventora se equivocou na alerta que lanzou sobre un gasto disparado por parte do goberno, xa que tomou como referencia unha estimación de teito de gasto do 2014 que quedou desbotada no ano 2016. A respecto da falta de crédito para responder por algúns gastos, base do reparo da Intervención, a alcaldesa dixo que se trata dunha cuestión "puramente administrativa" que se resolverá como en cada exercicio cun recoñecemento de crédito extra xudicial. A alcaldesa subliñou tamén que este goberno reduciu a débeda en case 1,2 millóns de euros.