FOTOGALERÍA | Centos de quilos de castañas e chourizos para festexar o magosto en Xinzo e Parada de Outeiro

A pesares da choiva, a Praza de Oriente de Xinzo acolleu a centos de persoas dispostas a gozar do magosto. | FOTOS: Cedidas.
En Xinzo de Limia o chourizo e a bica acompañaron ás castañas.
Ricardo Sieiro, concelleiro de Festexos, e Cristina Campero, concelleira de Deportes, non dubidaron en remangarse para preparar a comida.
As concelleiras Cristina Campero e Ángeles Martínez non pararon de preparar as racións de chourizo, bica e castañas que degustaron as persoas no magosto de Xinzo.
En Parada de Outeiro, Vilar de Santos, festexaron o magosto por todo o alto no campo de fútbol. | FOTOS: Cedidas.
Empanada, chourizos e churrasco acompañaron ás tradicionais castañas.
As grellas non pararon ao longo da mañá.

A pesares da choiva, máis de 400 persoas achegábanse onte ata a Praza de Oriente a celebrar o Magosto organizado polo Concello de Xinzo de Limia para a veciñanza. 

Música e comida para celebrar un magosto no que se repartiron máis de 160kg de castañas, 400 chourizos e bica para todas as persoas que na tarde do domingo asistiron á carpa instalada.

Mentres, en Parada de Outeiro, no concello de Vilar de Santos, a celebración xa levaba unhas cantas horas. Alí decidiron convocar á veciñanza de mañá. Dende o mediodía, a actividade comezou no campo de fútbol para preparar as longas mesas nas que se celebrou unha grande comida popular.

Logo, prendeuse o lume para preparar as brasas; nas enormes grellas asáronse chourizos e churrasco sen parar, mentres, a grande tixola asaba as castañas. Tampouco faltou a empanada no menú e a música para amenizar a xornada.