A programación de actividades con motivo da celebración da 1ª Fase do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas en Xinzo, comezou este sábado co I Concurso de Gaitas e Percusión da Limia. Esta primeira iniciativa do programa relacionado co certame, contou cunha boa acollida por parte do público e participantes, de preto dunha trintena de participantes procedentes de diversas partes de España
Hoxe é o turno das bandas de gaitas. As actuacións de 26 bandas, de case unha decena de provincias e españolas e unha de Portugal, comezaron ás 10:00 horas na Praza Carlos Casares e estarán ata as 13:45, cando rematará o certame á espera da entrega de premios. Posteriormente, ás 13:55 comezará un desfile que irá da Praza Maior ata a Carlos Casares e alí, o gaiteiro internacional José Ángel Hevia lerá o pregón para logo coñecer aos gañadores.