miércoles. 16.04.2025

O Concello de Xinzo de Limia vén de presentar unha ampla e variada programación cultural con motivo da Semana Santa 2025, que se celebrará entre o sábado 12 e o domingo 20 de abril. En total, máis de 20 actividades de balde conforman unha proposta pensada para todos os públicos, con especial atención ás crianzas e á participación familiar.

 

O programa comeza o sábado 12 co tradicional Concerto de Primavera da Agrupación Musical da Limia e continúa cunha intensa semana de cursos tecnolóxicos, contacontos, presentacións literarias e obradoiros creativos, como a elaboración de queixos ou ovos de Pascua de chocolate. A Casa da Cultura e a Biblioteca Antelana acollerán boa parte das propostas.

 

Un dos momentos máis agardados será o concerto da Orquestra Kubo, que actuará o Domingo de Ramos ás 19:00 horas na esplanada do Toural. Tamén destaca a segunda edición do Torneo de Xadrez Vila de Xinzo, que se desenvolverá durante dúas xornadas no Casino Antelano, e a actividade especial dos auto tolos, un paseo motorizado para cativos polas rúas do casco histórico que require inscrición previa.

 

A programación complétase con tres actos relixiosos principais: a bendición dos ramos e procesión desde a Igrexa Vella o domingo 13 ás 12:00 horas; a procesión de Xesús na Horta das Oliveiras o xoves 17 ás 19:00 horas; e a do Santo Enterro o venres 18 ás 21:00 horas, ambas dende a Igrexa Nova.

 

Paralelamente, como accións orientadas á conciliación familiar, desenvolveranse o campus de inglés Easter Camp e o campus deportivo de Ociosaugal, cunha oferta complementaria que reforza o compromiso do Concello co apoio ás familias durante o período vacacional.

 

Segundo declarou o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, "trátase dunha programación variada, completa e aberta a todos os públicos, cunha especial atención á infancia, que poderá participar en actividades lúdicas, culturais e educativas nun ambiente seguro e accesible".

 

Programación cultural de Semana Santa en Xinzo de Limia.
Programación cultural de Semana Santa en Xinzo de Limia.

 

 

PROGRAMACIÓN DETALLADA:

 

SÁBADO 12 DE ABRIL

• Concerto de Primavera – Agrupación Musical da Limia

17:30 h – Casa da Cultura

Agrupacion Musical da Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.

 

 

DOMINGO DE RAMOS – 13 DE ABRIL

• Acto relixioso: Bendición dos Ramos e procesión dende a Igrexa Vella

12:00 h

• Sesión vermú con LETHX SOUND

Sesión de Lethx Sound na Praza Maior de Xinzo.
Sesión de Lethx Sound na Praza Maior de Xinzo. | FOTO: Noelia Caseiro.

13.30 h - Praza Maior

• Orquestra KUBO

19:00 h – Esplanada do Toural

 

LUNS 14 DE ABRIL

• Curso de Realidade Virtual con Oculus Quest

11:00 h – Aula CEMIT, Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

• Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate

16:00 a 18:00 h – Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

 

MARTES 15 DE ABRIL

• Curso de Introdución á Impresión 3D

11:00 h – Aula CEMIT, Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

• Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate

16:00 a 18:00 h – Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

 

MÉRCORES 16 DE ABRIL

• Obradoiro de Elaboración de Queixos

12:00 h – Casa da Cultura

Prazas limitadas. Inscricións na Casa da Cultura do 7 ao 11 de abril.

• “A árbore das palabras” – Contacontos

17:00 h – Biblioteca Antelana

 

DO 7 DE ABRIL AO 12 DE MAIO

• Exposición fotográfica: #Usentimento

Casa da Cultura

Entre Fachós - Mónica Vila Ferreiros, 1º posto no concurso de fotografía "Un Sentimento".
Entre Fachós - Mónica Vila Ferreiros, 1º posto no concurso de fotografía "Un Sentimento".

 

XOVES 17 DE ABRIL

• “A terrorífica historia de Aba” – Contacontos

18:30 h – Biblioteca Antelana

• Acto relixioso: Procesión dende a Igrexa Nova – Xesús na Horta das Oliveiras -

19:00 h

 

VENRES 18 DE ABRIL

• Presentación do libro “Pero… como morren as pegas”

20:00 h – Biblioteca Antelana

• Acto relixioso: Procesión dende a Igrexa Nova – Santo Enterro

 21:00 h

 

Procesionaria do Santo Enterro en Xinzo no 2023. | Noelia Caseiro.
Procesionaria do Santo Enterro en Xinzo no 2023. | FOTO: Noelia Caseiro.

 

SÁBADO 19 DE ABRIL

• Homenaxe a José Gil, practicante de Xinzo de Limia

12:00 h – Salón de Plenos do Concello

Entrega da Medalla de Ouro do Concello a título póstumo

• II Torneo de Xadrez Vila de Xinzo

16:00 a 20:00 h – Casino Antelano, Club Xadrez Lethes

Primeira edición do Torneo de Xadrez Vila de Xinzo.
Primeira edición do Torneo de Xadrez Vila de Xinzo.

 

 

• Auto tolos

17:00 a 19:00 h – Praza Maior e rúas de Xinzo

Paseo en auto tolo para cativos, previa inscrición. Prazas limitadas.

 

DOMINGO 20 DE ABRIL

• II Torneo de Xadrez Vila de Xinzo (continuación)

16:00 a 20:00 h – Casino Antelano, Club Xadrez Lethes

Primeira edición do Torneo de Xadrez Vila de Xinzo.

 

• Concerto de Marta Bravo e Serxio Tannus: Alegría

13:00 h – Praza Maior


 

Velaquí a completa programación cultural na Semana Santa de Xinzo