Esta fin de semana hai festexos en varios puntos da comarca

NOTICIAS A LIMIA | Empeza o gordo do Entroido: consulta onde e cando hai festa na comarca

Ambiente da pasada Noite de Corredoiro en Xinzo. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Entroido entra nos seus días máis importantes e encherá de festa cada recuncho da provincia. A comarca da Limia non vai ser menos, onde a troula comezou hai tres semanas. Xinzo, Trasmiras, Sarreaus, Os Blancos e Vilar de Barrio son algúns concellos nos que esta fin de semana haberá un intenso programa de actividades festivas con motivo do Entroido. Aquí podes consultar as diversas programacións:

SÁBADO DE ENTROIDO

Xinzo

  • Charangas durante todo o día, dende as 12:00 horas ata as 00:30 horas.
  • Espectáculo de música "Pachanga" coa Agrupación Musical da Limia e a Banda de Música de Rubiós ás 18:00 horas na Praza Maior.

 

Os Blancos

  • Xantar popular ás 13:00 horas.
  • Desfile de carrozas entre as 15:30 e as 16:00 horas, que percorrerá a estrada xeral dende o cruce das piscinas municipais ata Covelas.

 

Vilar de Barrio

  • Desfile ás 16:00 horas polas rúas de Arnuide.

 

Trasmiras

  • Desfile ás 17:00 horas en Trasmiras, no que actuará a Banda da Escola de Música municipal.
  • Festa de Entroido en Escornabois a partir das 18:00 horas, cando sairán os peliqueiros de Escornabois. Logo haberá lectura do testamento, queima do meco e porco ó espeto, entre outros festexos.

 

DOMINGO DE ENTROIDO

Xinzo

  • Alborada e cabezudos coa Agrupación Musical da Limia ás 11:30 horas.
  • Charangas ao longo da xornada.
  • Actuación da orquestra "La Oca Band" ás 19:00 horas no Toural.

 

Sarreaus

  • Pasarrúas a partir das 12:00 horas coa Charanga BCB.
  • Desfile e actuación do Folión A Carniceira ás 17:00 horas. Haberá porco asadado e a xornada rematará coa actuación da orquestra "Fania Blanco Show".

 

LUNS DE ENTROIDO

Sandiás

  • "Trouleando por Sandiás" levará a festa do Entroido ás aldeas da localidade. O punto de partida é ás 11:00 horas na Casa do Concello.

 

Xinzo

  • Charangas dende as 12:00 horas ata as 02:00 horas.
  • Actuación infantil "O Legado do Tibu" ás 18:00 horas na Praza Maior.

 

MARTES DE ENTROIDO

Xinzo

  • Desfile de Entroido ás 12:30 horas polas rúas da vila.
  • Charangas pola tarde e actuación da orquestra "Solara" ás 19:00 horas no Toural.

 

MÉRCORES DE CINSA

Xinzo

  • Solemne procesión coa sardiña da Agrupación Musical da Limia ás 20:00 horas.
  • Lectura do testamento que deixou a sardiña ás 21:00 horas na Praza Maior.