Lara Blanco
17 de febrero de 2023, 14:38
O Entroido entra nos seus días máis importantes e encherá de festa cada recuncho da provincia. A comarca da Limia non vai ser menos, onde a troula comezou hai tres semanas. Xinzo, Trasmiras, Sarreaus, Os Blancos e Vilar de Barrio son algúns concellos nos que esta fin de semana haberá un intenso programa de actividades festivas con motivo do Entroido. Aquí podes consultar as diversas programacións:
SÁBADO DE ENTROIDO
Xinzo
- Charangas durante todo o día, dende as 12:00 horas ata as 00:30 horas.
- Espectáculo de música "Pachanga" coa Agrupación Musical da Limia e a Banda de Música de Rubiós ás 18:00 horas na Praza Maior.
Os Blancos
- Xantar popular ás 13:00 horas.
- Desfile de carrozas entre as 15:30 e as 16:00 horas, que percorrerá a estrada xeral dende o cruce das piscinas municipais ata Covelas.
Vilar de Barrio
- Desfile ás 16:00 horas polas rúas de Arnuide.
Trasmiras
- Desfile ás 17:00 horas en Trasmiras, no que actuará a Banda da Escola de Música municipal.
- Festa de Entroido en Escornabois a partir das 18:00 horas, cando sairán os peliqueiros de Escornabois. Logo haberá lectura do testamento, queima do meco e porco ó espeto, entre outros festexos.
DOMINGO DE ENTROIDO
Xinzo
- Alborada e cabezudos coa Agrupación Musical da Limia ás 11:30 horas.
- Charangas ao longo da xornada.
- Actuación da orquestra "La Oca Band" ás 19:00 horas no Toural.
Sarreaus
- Pasarrúas a partir das 12:00 horas coa Charanga BCB.
- Desfile e actuación do Folión A Carniceira ás 17:00 horas. Haberá porco asadado e a xornada rematará coa actuación da orquestra "Fania Blanco Show".
LUNS DE ENTROIDO
Sandiás
- "Trouleando por Sandiás" levará a festa do Entroido ás aldeas da localidade. O punto de partida é ás 11:00 horas na Casa do Concello.
Xinzo
- Charangas dende as 12:00 horas ata as 02:00 horas.
- Actuación infantil "O Legado do Tibu" ás 18:00 horas na Praza Maior.
MARTES DE ENTROIDO
Xinzo
- Desfile de Entroido ás 12:30 horas polas rúas da vila.
- Charangas pola tarde e actuación da orquestra "Solara" ás 19:00 horas no Toural.
MÉRCORES DE CINSA
Xinzo
- Solemne procesión coa sardiña da Agrupación Musical da Limia ás 20:00 horas.
- Lectura do testamento que deixou a sardiña ás 21:00 horas na Praza Maior.