AXENDA | Arantza Portabales e Xaquín F. Leiceaga, nas xornadas de novela negra de Verín
O Auditorio de Verín acollerá, durante os días 3 e 4 de xuño, a cuarta edición das súas xornadas de Novela Negra Personaxes de Novela, nas que se combinarán o mundo de ficción das novelas e o real con personaxes verdadeiros que normalmente aparecen nas narracións deste xénero literario.
Esta mañá tivo lugar a presentación do programa oficial na Biblioteca Municipal de Verín, na que participaron o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira da área de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza.
Desde o Concello de Verín quixeron felicitar aos organizadores por dar continuidade a unha proposta “tan completa e atractiva” e realizaron un chamamento aos amantes deste xénero a achegarse a vila do Támega e gozar desta programación de “primeiro nivel”.
As xornadas Personaxes de Novela, organizadas pola Biblioteca do Concello de Verín teñen por obxectivo dar unha visión real sobre as personaxes que nelas normalmente aparecen. Para iso, Verín contará coa presenza de reputados escritores e profesionais que falarán en profundidade sobre moitas das claves deste xénero literario.
Devanditas xornadas serán coordinadas e dirixidas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín, e contarán con Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía; Víctor Souto, Comandante Guardia Civil e Xefe Secc. Homicidios, Secuestros e Extorsións (UCO); Iria del Río Tajes, médica Forense do IMELGA de Pontevedra; a escritora Arantza Portabales que impartirá a conferencia sobre como construír unha trama; Alejandro Corral, escritor aragonés, autor de La dama del Prado; e Xoaquín Fernández Leiceaga, falando tamén da súa última novela Baixo as alas de abril.
As xornadas teñen por obxectivo dar unha visión real sobre as personaxes que nelas normalmente aparecen.
Para acudir ás IV Xornadas de N-N será preciso retirar entrada na Biblioteca do Concello de Verín ou pode facerse por transferencia bancaria ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324, débese enviar un mail á conta biblioteca@verin.gal có xustificante de ingreso e nome e apelidos dos asistentes, o día ou os días para os que se quere as entradas.
O PROGRAMA
Venres
12:00 horas AS MENTIRAS DA DROGA.
Intervención: Enrique León Calviño.
Ex comisario Vilagarcia de Arosa. Membro da Fundación Galega contra o Narcotráfico.
Acompaña na mesa: Miguel Losada. (Só Centros Ensino).
19:30 h. Inauguración.
19:35h. ENCAIXANDO PEZAS.
Intervención: Víctor Souto Fdez.
Comandante Garda Civil - Xefe Secc. Homicidios, Secuestros e Extorsións (UCO)
Acompaña na mesa: Xuíz Vázquez Taín.
20:20 h. VIOLENCIA CONTRA A MULLER. VÍTIMA E VITIMARIO.
Intervención: Iria del Río Tajes.
Médica Forense, Subdirectora territorial do IMELGA Pontevedra
Acompaña na mesa: Xuíz Vázquez Taín e o Forense Fernando Serrulla
Sábado
18:00 h. A ATRACCIÓN DA ESCRITURA DUNHA NOVELA NEGRA.
Intervención do profesor e escritor Xoaquín Fernández Leiceaga.
Acompaña na mesa: Miguel Losada e o Xuíz Vázquez Taín.
18:30 h. ENIGMAS, MISTERIOS E RAREZAS NO PRADO E NO MUNDO DA ARTE.
Intervención do escritor Alejandro Corral.
Escritor presenta "La dama del Prado“.
Acompaña na mesa: Noelia Gallego e o Xuíz Vazquez Taín.
19:00 h. COMO SE DESTRÚE UNHA NOVELA NEGRA.
Intervención: Arantza Portabales.
Escritora presenta: "A vida secreta de Úrsula Bas”
Acompaña na mesa: Inés García e o Xuíz Vazquez Taín.
19:40 h. Mesa redonda dirixida por Rafa Cid.
Director C.T. RTVE GALICIA. Participan: Enrique León, Vazquez Taín, Víctor Souto, Iria del Río, Alejandro Corral e Arantza Portabales, Xaquín F. Leiceaga.
20:40 h. Fin das IV Xornadas de Novela Negra e Sinatura libros.