María F. Caramés
6 de mayo de 2021, 17:52
Os datos facilitados polo Sergas a día de hoxe, xoves, indican unha pequena mellora na situación epidemiolóxica da comarca da Limia, reducíndose nun o número de contaxios.
O concello de Calvos de Randín queda sen casos activos
O descenso prodúcese pola baixada de casos en Calvos de Randín, que pasa de ter un caso a quedar sen ningún.
O resto dos Concellos mantéñense sen variacións:
- Sandiás: catro casos activos
- Trasmiras: un
- Xinzo de Limia: 15