jueves. 21.11.2024

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia emitiu este xoves un comunicado no que informa de que aínda quedan prazas libres para alumnas e alumnos que queiran realizar estudos este curso que está a piques de se iniciar. E indica o procedemento de inscrición, que pode realizarse de maneira presencial, telefónica ou a través do correo electrónico.


“O conservatorio abre as súas portas e comeza a actividade. O claustro de profesores xa está a traballar e organizar o curso e nesta ocasión con máis celeridade que nunca, xa que as presentacións e inicio da actividade lectiva está prevista entre os días 8 e 12 de setembro”, informa o comunicado.


As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 698137492 e 600435655 (en horario de tarde), ou ben por medio do correo electrónico [email protected].


Para os máis cativos, o Conservatorio ofrece dous programas. Música en Movemento, un curso preparatorio para nenas e nenos de 6 anos; e Iniciación Musical, para nenas e nenos de 7 anos.

Os instrumentos que se imparten no centro son: acordeón, bombardino, clarinete, frauta traveseira, guitarra, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, violín e viola. Como novidade, este ano o Conservatorio contará co espazo reformado da Praza da Música, inaugurado ao final do curso pasado e que xa vén acollendo concertos e ensaios.

CARTEL ULTIMAS PRAZAS_page-0001 (FILEminimizer)


 

NOTICIAS XINZO | O Conservatorio de Música oferta as últimas prazas para este curso