jueves. 21.11.2024

O historiador e cronista Edelmiro Martínez Cerredelo (Xinzo de Limia, 1946) recibirá a medalla se ouro da vila e a distinción como Fillo Predilecto de Xinzo nunha cerimonia oficial que se desenvolverá no Salón de Plenos da Casa do Concello de Xinzo o sábado día 5 de novembro a partir das 12:00 horas.

A distinción a Martínez Cerredelo foi acordada formalmente na última sesión plenaria como conclusión do expediente de honra iniciado este mesmo ano. A decisión foi unánime na corporación municipal. 

Edelmiro Martínez Cerredelo é autor, entre outros, dos ensaios A prensa en Xinzo de Limia. Século XX, 1911-1925 (2006); Historia e Memoria. A Limia, 1931-1953 (2008); Julián Toubes, 1796-1870. O correxedor de Xinzo que quixo desecar a Lagoa (2009); Historia de Xinzo de Limia (2012); Xinzo na memoria (2016); Antela Fútbol Club. Centenario, 1919-2019 (2016); O Entroido de Xinzo de Limia (2021); e Historia musical de Xinzo de Limia (2022). 

Nunha breve entrevista ao fío da concesión desta honra, Cerredelo manifestou ao Diario do Limia recentemente que lle dedicará o premio a súa miña dona, María, “polo seu apoio e ánimo para a investigación e redacción dos meus traballos; sen ela non tería sido posíbel”. O historiador, que cando se coñeceu a distinción estaba en Madrid, xa regresou a Xinzo e recollerá os galardóns de mans da alcaldesa, Elvira Lama.

O concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, tamén declarou recentemente que “a labor de Miro Cerredelo é incontestábel, ten unha obra extensa que ten documentado a historia local da vila no último século e medio e máis atrás. Era o momento desta homenaxe, penso que todas as veciñas e veciños coinciden que é un traballo que se debe recoñecer”.
 

NOTICIAS XINZO | Edelmiro Martínez Cerredelo recibirá o sábado día 5 a distinción como...