A entidade de Ecoloxistas en Acción de Ourense continúa a denunciar a notable contaminación por nutrientes que presenta o encoro das Conchas, espazo do Concello de Muíños no que derivan as augas do río Limia.
Dende xa fai catro meses, a organización ecoloxista solicitara ao Ministerio de Transición Ecolóxica a verificación da orixe da contaminación en dito encoro, ademais da posible vinculación que podería manter coas explotacións gandeiras da zona. Según información da entidade de Transición Ecolóxica, os estudos realizados ata o agora, enfocados en determinar a orixe dos nutrientes da masa de agua, sinalan que o mal uso de fertilizantes derivados da actividade gandeira poden ser os causantes da contaminación difusa e a eutrofización das masas de auga subterráneas.
Así, solicitan que a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil recoñeza o problema medioambiental do encoro e que se apliquen as medidas correspondentes e necesarias para frear a aplicación de subprodutos de orixe animal e fertilizantes en toda a comarca. Unha contaminación que se fixera evidente dende o ano 2011, pero que incluso moitos dos veciños dubidan que xa se viñera arrastrando dende os anos 90 -ainda que non se pode corroborar debido a falta de investigacións na época- .
A entidade destaca como a Xunta segue a apoiar o incremento de macrogranxas gandeiras no territorio da Limia, sobre todo durante o ano pasado, no cal que se producira un auxe importante no aumento dos censos animais. No tocante á actualidade ponse de exemplo o DOG do pasado 21 de setembro, no que se publicaba ampliación dunha explotación avícola en Parada de Ribeira -Xinzo de Limia- , concretamente nun val con pozos particulares e acuíferos contaminados.
Ecoloxistas en Acción xa rexistrou diversas queixas por parte dos veciños da zona por motivo destas actividades do sector primario.