martes. 03.12.2024

"Un análisis más detallado de todos los impactos que se producen, incluido por su gran relevancia la sinergia y multiplicación de los impactos negativos por la yuxtaposición de infraestructuras lineales paralelas a escasa distancia, estamos seguros que resultaría en la denegación del proyecto", di o documento de alegacións contra a LAT do Larouco, a liña de evacuación do polígono eólico San Martiño (catro aeroxeradores nos montes da Boullosa), en trámite.

O documento que asina a alcadesa, Elvira Lama, leva data de onte, e foi feito público este venres despois de que o Diario do Limia solicitase coñecer os escritos presentados contra o límite do prazo polos concellos de Baltar e Xinzo de Limia, afectados pola liña de alta tensión.

Elvira Lama pide á empresa promotora, Ibredrola, que analice "adecuadamente todas las alternativas posibles, incluida la alternativa 0, la de no realizar el proyecto, como se ha indicado en la alegación correspondiente". O escrito do goberno de Xinzo lembra que cabe a posibilidade, "a la vista de la información disponible", que o órgano ambiental chegue á conclusión de que o proxecto ten repercusións "muy negativas para el medio ambiente y de que no existen soluciones alternativas, por lo que considere su realización incompatible con la protección ambiental". E subliña: "sin embargo, en el presente Estudio de Impacto Ambiental la alternativa “0” es descartada".

Ademais, Lama apela ao principio de precaución, que aconsella, no caso de ameaza para o medio ambiente e a saúde "y en una situación de incertidumbre científica se tomen las medidas apropiadas para prevenir el daño". "Este principio debe inspirar las políticas públicas requeridas por los desafíos presentes y futuros", engade.

Larouco entre A Boullosa e MontalegreO Larouco, entre A Boullosa e Montalegra na liña de fronteira administrativa.

DESDE BALTAR TAMÉN CONTESTAN O PARQUE EÓLICO

Pola súa banda, desde o goberno municipal de Baltar, nun documento máis breve (6 páxinas) e que leva data do pasado martes, o alcalde José Antonio Feijoo pide a Iberdrola e á Xunta de Galicia que “acorden e fagan efectivas as correccións e solución técnicas alternativas propostas por este Concello (...), con eliminación e supresión, en calquera dos casos, das afeccións da mesma xustificadas como inviables e inaceptables para os intereses xerais deste Concello e dos seus veciños no presente escrito”.

Poren, o máis interesante do escrito rexistrado en Baltar e asinado polo alcalde é que pon en cuestión a necesidade social de instalar o polígono eólico de San Martiño, nos montes da Boullosa. Proxecto en trámite que o goberno local deixou pasar na súa fase de exposición pública sen presentar reparo ningún nin informar del á veciñanza.

A liña de evacuación dos parques Mistral e Tramontana, que afecta aos concellos de Baltar, Calvos de Randín e Muíños, e atravesa a Reserva da Biosfera polo val do Salas, non foi contestada desde ningún dos concellos.

Agora, José Antonio Feijoo rectifica e manifesta que “despois dunha análise mais completa e sosegada do proxecto do Parque Eólico de San Martiño ademais do da súa LAT de evacuación eléctrica presentados” e “en concordancia” cos veciños de San Martiño dos Peros, A Boullosa e outros afectados, “que non se xustifica tecnicamente nin socio-economicamente un proxecto que afecta á extensión da totalidade dos Montes Veciñais en Man Común de catro núcleos deste Concello (San Martiño dos Peros, Montecelo e Vilamaior da Boullosa, Sabucedo dos Peros e San Paio)".

Feijoo matiza a continuación que non ten xustificación a instalación “na correspondente cuadrícula poligonal reservada polo Plan Eólico (...) instalar unicamente 4 (catro) aeroxeradores de 4,5 MW de potencia unitaria”. Na mesma cuadrícula están en trámites outros dous polígonos eólicos, cun total de 15 aeroxeradores, cunhas afeccións paisaxísticas, ambientais e para a saúde igual de severas. 

A liña de evacuación destes outros dous parques (Mistral e Tramontana), a exposición pública en setembro pasado, e que afecta aos concellos de Baltar, Calvos de Randín e Muíños, e atravesa a Reserva da Biosfera polo val do Salas, non foi contestada desde ningún dos concellos. Só rexistrou alegacións a plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova.

NOTICIAS A LIMIA | A alcaldesa de Xinzo pide a Iberdrola que "considere" non construír...