viernes. 22.11.2024

Xuño foi un mes “húmido” nas cuncas do Sil e do Limia e “moi húmido” nas do Miño e do Cabe. Malia iso, “a falta de precipitacións acumulada durante o presente ano hidrolóxico, iniciado o pasado 1 de outubro, fai que nos atopemos diante do ano hidrolóxico máis seco da serie 1980/81 a 2020/2021, despois dos anos 2016/2017, 2004/2005 e 2011/2012 nos que se viviron situacións similares á deste ano”. Así informa a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS) do resultado da última reunión da Oficina Técnica da Seca.


Nun comunicado emitido este venres, a CHMS alerta que “os escenarios actuais” son de normalidade no Miño Alto e Baixo Miño, de prealerta na conca do Sil (superior e inferior) e de alerta nas concas dos ríos Cabe e Limia. A principios de maio pasado, a CHMS xa declarara a prealerta nas concas do Limia e do Sil inferior. “Desde la CHMS instamos al uso racional del recurso, recordemos que sólo entre todas e todos podremos hacer frente a los efectos de esta sequía prolongada”, comenta José Antonio Quiroga, presidente da CHMS na nota de prensa. E


A Confederación Hidrográfica, como fixera o propio Quiroga na súa visita a Xinzo o pasado 20 de xuño, subliña que a precipitación media da demarcación até o 30 de xuño foi de de 603 l/m2, un 40,7% inferior á media (1.017,5 l/m2). E informa que os encoros están ao 53,25% da súa capacidade, un 23% inferior ao promedio histórico e un 9,6% menos que o ano pasado. Ademais, os caudais circulantes rexistrados en xuño foron sido un 41% inferiores aos habituais.


“Tendo en conta todo o anterior e conforme ao plan de seca vixente, os escenarios actuais son de alerta nas cuncas do Cabe e do Limia”, di a Oficina Técnica, e insiste en que desde o ano 2000 déronse escenarios similares no 2005, 2011, 2012 e 2017, “o que evidencia os efectos adversos do cambio climático”.


 A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil informou aos concellos da demarcación, “instándoos a que realicen uso sostíbel da agua e apliquen medidas de aforro”, e tamén ao resto de usuarios, como Comunidades de Regantes e empresas hidroeléctricas.

Desde o ano 2000 déronse escenarios similares no 2005, 2011, 2012 e 2017, “o que evidencia os efectos adversos do cambio climático”, di a Oficina da Seca.


“Debido a que las predicciones a medio plazo hacen prever que la situación de sequía continuará durante los próximos meses, es imprescindible hacer un uso sostenible del agua y continuar con las medidas de ahorro y de concienciación social por parte de las Administraciones, sobre todo por los Ayuntamientos, administración competente en abastecimiento a poblaciones”, reitera o presidente da CHMS no comunicado deste venres. 

NOTICIAS A LIMIA | A CHMS declara a situación de alerta pola seca na conca do Limia