domingo. 24.11.2024

O sábado 9 de xullo, onte, foi o día de máis calor en Xinzo dos últimos tres anos, cun pico de 36,5 graos, alcanzado ás 16:00 horas. Segundo os rexistros da estación de MeteoGalicia que miden valores cada dez minutos, a temperatura mantívose onte en Xinzo por riba dos 30 graos durante case nove horas: desde as 10:50 até as 19:40 horas. Ás 08:30 a temperatura xa superaba os 25º, e non baixou dese limiar até despois das 20:50 horas. É dicir, máis de doce horas seguidas por riba dos 25 graos. 

Na comparativa con onte, este domingo ás 07:30 da mañá xa se superaron os 25º, informa MeteoGalicia. 


Onte foi o día máis quente do ano, mais a ola de calor continúa e a alerta amarela nas comarcas do Sur de Ourense seguirá activa polo menos até maña. Cos primeiros datos do día, este domingo tamén apunta a temperaturas moi altas en Xinzo. Na comparativa con onte, ás 07:30 da mañá xa se superaron os 25º. 


As previsións do instituto meteorolóxico galego apuntan a que hoxe se alcanzarán os 37 graos en Xinzo. Tamén en Sandiás. Mentres que Vilar de Santos podería chegar aos 36 e o resto de concellos limiaos estarían nos 35 graos, agás Calvos de Randín, nos 34 graos.

Mensual desde 2019 para Xinzo até día 9 de xullo (FILEminimizer)
Gráfica mensual de temperaturas máximas desde 2019 para Xinzo até día 9 de xullo de 2022.

Na serie histórica dos últimos 15 anos, MeteoGalicia anota máximas diarias en Xinzo de Limia de 38,3º en xuño de 2013 e 37,2º en xullo do mesmo ano. As seguintes máximas en Xinzo datan de xuño de 2017 (38,2º), agosto de 2016 (37,7º) e xullo de 2015 (37,6º). Tamén se superaron os 37 graos en xuño de 2011 e nos meses de agosto de 2019 e 2020. 


RISCO DE INCENDIOS
O Índice de Risco de Incendios actualizado ás 09:45 horas desde domingo 10 de xullo informa de que o risco é máximo en practicamente todo o territorio da Limia e no Parque Natural do Xurés. O índice ten en conta as condicións de seca, as temperaturas, a humidade e as condicións de vento.

CONSULTA: Recomendacións de AXEGA 112 diante das altas temperaturas.

mapa
Vista de satélite da Península, sur de Francia e Norte de África esta mañá.

NOTICIAS A LIMIA | Sábado 9, o día de máis calor do ano (por agora), case nove horas...