Céltiga, 3; Antela, 1.

AVANCE | Derrota sen opción

O once do Antela esta tarde na Illa. | FOTOS: Antela F.C.

Liga de Preferente

Ninguén gañou fóra. Só quedan tres equipos invictos. O Pontevedra B é líder despois de ter anotado 7 goles. Á Liga aínda lle queda tempo para definir xerarquías. Mais o primeiro mes de competición remata co Antela penúltimo e 10 goles no lombo. Sabucedo non conseguiu repetir un once. Hoxe, na Illa, Noel quedou no banco e Fabio tivo que asumir o rol de pivote con Pedro e Xosé como interiores. O Antela foi inferior ao Céltiga, que resolveu o partido nunha hora.

O Antela apañou un gol aos cinco minutos de partido e encaixou dous máis xusto antes do descanso. Desta volta, Sabucedo non realizou cambios no descanso. Mais non tardou moito en renovar a zaga cun triplo cambio aos sete minutos da segunda metade: deu entrada a Quintairos, Tazos e Noel. O Antela parou ao Céltiga e mellorou con esas costuras até o final, cando Romero maquillou a goleada. 

Os xogadores do Antela, antes de saltar ao Salvador Otero.

Sabucedo non realizou cambios no descanso. Mais non tardou moito en renovar a zaga cun triplo cambio aos sete minutos da segunda metade: deu entrada a Quintairos, Tazos e Noel.

A XORNADA
No resto da xornada, entre os equipos ourensáns o Barbadás sumou a súa primeira vitoria (3-0, diante do Umia, próximo rival do Antela), mentres que o Verín (2-2 co Portonovo) e o Arnoia (0-0 co Cambados) cederon empates na casa. 

A clasificación está liderada polo Pontevedra B, que resolveu na segunda metade diante do Valadares. O Cultural Areas, derrotado a semana pasada na Moreira, é segundo despois de remontar na casa diante do Beluso. Ademais do Pontevedra B, seguen invictos o Portonovo e o Xuvenil de Ponteareas

Por abaixo, o Cambados e o Pontellas suman tres empates e aínda non gañaron. O Moraña, un dos ascendidos, conseguiu o seu primeiro punto cun empate na casa diante do Porriño. E o Racing Castrelos sumou os seus primeiros tres puntos a costa do Vilalonga. Esta é polo de agora a Liga do Antela, que a semana próxima visitará ao Umia, que leva catro puntos.

FICHA TÉCNICA

Céltiga: Sergio, Pablo, Manuel, Javier (García, 81’), Fernando (Iago, 69), Óscar, Alejandro (Ameneiro, 79’), David (Jorge, 73’), Nicolás, Pillado e Vila (Blanco,69’). 

Antela: Suso, Peque (Tazos, 52’), Teixeira (David Lamas, 77’), Juáncar, Breixo (Quintairos, 52’), Xosé, Fabio (Noel, 52’), Pedro, Carlos (Romero, 55’), Borja e Joni.

Goles: 1-0, m. 5: Manuel; 2-0, m. 40: Juáncar (p.p.); 3-0, 44: Fernando; e 3-1, m. 90: Romero.

Árbitro: Enrique Refojo. Auxiliares: Adrián Casal e Paula González. Mostraron tarxetas amarelas a Vidal (46’), polos locais; e Breixo (37') e Borja (60'), polos visitantes. 
 
Incidencias: Estadio Salvador Otero. Illa de Arousa. 

CLASIFICACIÓN