jueves. 21.11.2024

O equipo Movistar vén de anunciar a incorporación, á súa plantilla masculina para a tempada 2024, dunha das figuras máis prometedoras do ciclismo español, o limián Carlos Canal. O galego, ata o de agora militando no Euskaltel-Euskadi, asinou contrato por dúas campañas. 

Carlos Canal (Xinzo de Limia, 2001) é un ciclista moi versátil e habilidoso en todos os terreos. Destaca nos duros, pero tamén é un bo rodador. Na tempada que vén de rematar acadou a décimo primeira posición no campionato mundial sub-23 celebrado en Glasgow. Tamén se achegou aos mellores nas Vueltas a Castilla y León e Burgos.

Canal afirmou, pouco despois de coñecerse a súa fichaxe, que "aterrar en Movistar Team é un soño cumprido. É un equipo de referencia en España e tamén no panorama internacional, e pasar á máxima categoría con eles é a combinación perfecta", dixo o limián. 

Carlos Canal: "Aterrar no Movistar Team é un soño cumprido"