FÚTBOL A LIMIA | O Piñeira Seca asalta a Moreira
Liga de Segunda galega (Grupo 3, Ourense)
O primeiro choque entre os dous equipos limiaos candidatos ao ascenso resolveuse na Moreira cun triunfo contundente do Piñeira Seca (1-3) nunha tarde de vento e frío na que o equipo de Kiko Bolaño demostrou a súa fiabilidade.
Dous goles de Sotelo, un xusto antes do descanso, e o segundo pouco despois de que Borja Rubén conseguise empatar o partido para os locais, foron claves nun triunfo que mantén ao Piñeira Seca nos postos de promoción -é líder provisional a falta do partido do Vilamartín- e e frea a racha do filial, que viña de sumar sete puntos nas últimas tres xornadas.
O partido serviu ademais para o regreso de Anxo despois de mes e medio sen xogar por causa dunha lesión no seu debut en Preferente co primeiro equipo.
O triunfo mantén ao Piñeira Seca nos postos de promoción e frea a racha do filial, que viña de sumar sete puntos nas últimas tres xornadas.
A próxima xornada, a oitava de competición, o Piñeira Seca recibirá no Touzal ao Maceda, mentres o Antela afrontará a visita ao Rocas, outro dos candidatos ao ascenso.
FICHA TÉCNICA
Antela Xinzo: Brais, Peque, Aarón, Forri, José Manuel, Javi (Cerredelo, 75'), Carlos, Carrasco, Said (Borja Rubén 46'), Andrade (Anxo, 46') e Germain (Atanes, 64').
Piñeira Seca: Íñigo, Cristian, Estévez (Xabier, 48'), Eulogio, Eduardo, Xurxo (Figueiredo, 55'), Javi Rivero, Luis (Enrique, 77'), Sotelo, Américo (Kevin, 71') e Adrián (David, 86').
Goles: 0-1, m.44: Sotelo; 1-1, m. 47: Borja Rubén; 1-2, m. 55: Sotelo; 1-3, m. 75: Kevin.
Árbitro: Otero Varela. Mostrou tarxetas amarelas a Said e Javi polos locais, e a Sotelo, Adrián, Américo, Eduardo, David e Xabier, polos visitantes.
Incidencias: Estadio Fernández Carrea. Douscentos espectadores.