Todos os partidos políticos que compoñen o Concello de Xinzo de Limia deron luz verde para a devolución da taxa do lixo do 2020 aos autónomos da vila mediante a aprobación dun suplemento de crédito por 100.000€. A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, destaca que "todos os profesionais que teñen hoxe aberto un negocio están facendo algo heroico, manter as portas abertas".
Esta proposta vén da concellería de Promoción Económica tutelada por Manuel Pérez Campos. Campos, no pleno que se realizou está maná no salón de plenos de Concello, explicou que foron dúas as convocatorias que se abriron para axudar a este colectivo. A primeira foi no mes de marzo e estivo enfocada á hostelería e o comercio, finalizou cun importe de 54.200€. Agora, con esta última medida preténdese seguir paliando as consecuencias da crise derivada pola Covid - 19.
Nesta sesión tamén foi aprobada a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público que defendeu o concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz Penín. Anunciouse o cobro mínimo de 450€ aos stands que participen na Feira da Pataca e Maquinaria.
Saíu adiante a modificación do anexo de subvencións do orzamento 2021 e anunciouse o apoio económico a dúas asociacións: Auria, adicada a axudar a persoas con diabetes, recibirá 1.000€ e Afaor, Asociación de Alzheimer en Ourense, que obterá 2.500€.