NOTICIAS A LIMIA | A alcaldesa de Rairiz presentará a súa candidatura ás eleccións a próxima semana
A mediados do mes de marzo, a actual alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade, aseguraba que se presentaría ás eleccións municipais do 28 de maio pese a non ser a candidata do Partido Popular. Segundo lle sinalou a este medio, a vindeira semana confirmará a súa candidatura e todo apunta a que entrará na lista do PSdeG-PSOE.
Morgade é a alcaldesa da localidade dende o 2015, cando asumiu o cargo ao entrar como independente na lista dos populares. Nas últimas eleccións do 2019, presentouse como número 1 do PP e, neste 2023, será substituída por un dos seus actuais concelleiros, Camilo Fernández Freire.
A vindeira semana, Mordade dará a coñecer a súa candidatura a uns días de que remate o prazo para poder presentalas ante a Xunta Electoral. A rexedora asegurou que conta co respaldo "dos concelleiros e da xente" e a cita do 28 de maio será o momento para que a veciñanza de Rairiz decida.