Con cargo ó Plan Provincial para os concellos da DPOU, conta cun orzamento de 48.000 euros
Comezan as obras de humanización en Vilariño das Poldras, no concello de Sandiás
22 de abril de 2021 (13:31 h.)
Segundo nota de prensa remitida polo concello de Sandiás, infórmase do comenzo das obras de mellora das redes de abastecemento e saneamento de agua na rúa Sopenedo, da aldea de Vilariño das Poldras. Asemade, repararase o firme mediante o asfaltado da estrada.
Estas obras, licitadas por un importe de 48.000 euros e adxudicadas á empresa Construcciones Viso e Hijos, están emarcadas nun plan de actuacións do Concello de Sandiás de mellora das redes de abastecemento e saneamento deterioradas co tempo, e correrán a cargo do Plan Provincial para os concellos 2021 da Deputación Provincial de Ourense (DPOU).