Boas novas para os veciños de Vilar de Barrio, o municipio volta a formar parte do grupo de concellos da comarca da Limia con cero rexistros de contaxios por Covid- 19. No día de hoxe, a vila restaba un positivo, pasando dun só caso a cero. A data na que se repetía a situación de ausencia do virus neste territorio retoma ao nove de agosto, case fai mes e medio.
Xinzo de Limia continúa coa súa inestabilidade de subida e baixada de casos. No día de onte, o concello descendía un positivo -pasando de cinco a catro contaxios- , e hoxe sumaba un, voltando a situarse nos cinco positivos en total.
O número de conformantes da comarca da Limia que non conta con casos de coronavirus ascende a nove.
Así queda o rexistro de contaxios por Covid - 19 na Limia o 24/09:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 0
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 0
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 1
- Vilar de Barrio: 0 (-1)
- Vilar de Santos: 0
- Xinzo de Limia: 5 (+1)