jueves. 21.11.2024

A decoración do Cruceiro e da Igrexa de Arnuide foi distinguida cos dous primeiros premios no apartado de espazos públicos no concurso de Nadal de Vilar de Barrio. O primeiro premio, para o Cruceiro, está dotado con bonos por valor de 500 euros -estes bonos, para gastar no comercio local, pódense retirar na Casa do Concello-. O segundo premio, para a Igrexa, recibirá 200 euros. O terceiro premio (de 100 euros) foi para o Toural, polos adornos do Pilón e as Uvas de Nadal.

Na modalidade de casas engalanadas, Toña Folgoso, de Vilar de Barrio, levou o primeiro premio, seguida de Mariluz Ruibal, de Arnuide, e de María Carmen Araujo, de Vilar de Barrio. Polo que respecta ao concurso de manualidades, as premiadas foron, Eli Froufe, de Porto; Estela García e José Manuel Saá, ambas de Arnuide.

O Concello agradeceu ás participantes o seu esforzo e animou ao resto de veciñas e veciños a concursar na seguinte edición. Ademais, a escoitar "suxerencias e mesmo críticas que nos fagan mellorar", segundo o anuncio oficial do resultado, publicado este luns no Facebook municipal

NOTICIAS A LIMIA | Arnuide acumula premios no concurso de Nadal en Vilar de Barrio