Onte comezaron as clases do Obradoiro de Memoria de Vilar de Barrio no centro da vila e na parroquia de Bóveda. Unha actividade organizada e cofinanciada -por segundo ano consecutivo- polo concello limiá que ten coma obxectivo principal optimizar o funcionamento da memoria.
As sesión están a ser impartidas polo profesorado membro do CDR -Centro de Desenvolvemento Rural- de O Viso e adicaranse principalmente aos veciños e veciñas de idade avanzada.
O CDR resaltou a importancia de protexer e coidar a memoria para gozar dun bo mantemento da calidade de vida e lograr un envellecemento activo. A maiores, a entidade destacou como a asistencia ao obradoiro contribúe á socialización dos asistente e á creación de lazos interpersoais entre eles, outro punto beneficioso para a mente. Ter unha rede sólida de apoio axuda á memoria, mentras que o illamento e a soidade a danan.
Para apuntarse ou obter máis información pódese acudir aos servizos sociais do concello ou ben chamar ao 988 44 90 01. Deberase aboar unha mensualidade de catro euros para poder asistir. En caso de haber máis demanda do obradoiro abriranse novos grupos noutras parroquias do concello.