jueves. 21.11.2024

O Club Deportivo Vilar de Barrio aposta un ano máis por unha das súas citas solidarias do Nadal. Se hai dúas semanas contaron coa cuarta edición do seu torneo de pádel solidario, este venres e sábado terán a sexta edición do de fútbol sala.

Esta nova cita deportiva terá lugar no Pavillón de Deportes de Vilar de Barrio e participarán un máximo de 12 equipos. O máis importante é colaborar con aquelas persoas que máis o precisen, polo que se recollerán todo tipo de doazóns, especialmente de alimentos non perecedeiros.

Dende o CD Vilar de Barrio agardan que a participación, tanto de xogadores coma de doazóns, sexa un "éxito" como aconteceu en edicións anteriores.

A programación de Nadal en Vilar de Barrio tamén acompañará a esta actividade o venres. No Pavillón de Deportes haberá un mercadiño solidario a partir das 17:00 horas, no que o grupo Os do fuelle porá música a unha xornada que rematará cunha chocolatada.

NOTICIAS A LIMIA | O deporte de Vilar de Barrio apoia ás persoas con menos recursos