O condutor dun turismo que sufriu unha saída de vía este venres, pouco antes do mediodía, en Vilar de Barrio foi trasladado por precaución dado que tiña dor no peito como consecuencia do impacto e do airbag.
O coche accidentouse na estrada OU-113, que une Vilar de Barrio con Laza, pouco despois da Estación de Borrán. Como consecuencia da saída, o vehículo, da marca Renault, sufriu danos na parte dianteira dereita e quedou cruzado nun dos carrís da vía.
Os servizos de emerxencia decidiron o traslado do home na ambulancia que respondeu a alerta, con base en Maceda. Ao redor do mediodía, no lugar do sinistro continuaba o operativo de Protección Civil e unha unidade da Garda Civil para controlar o tráfico e as tarefas de retirada do coche.
No operativo participaron o 061, Protección Civil de Vilar de Barrio, a Garda Civil de Vilar de Barrio, unha unidade de Tráfico e o GES de Maceda.