domingo. 24.11.2024

O Concello de Vilar de Barrio, a Deputación de Ourense e a cooperativa Xeitura organizan para este venres día 19 un roteiro micolóxico polo entorno do Monte Castelo, no Concello de Vilar de Barrio. A actividade forma parte do programa de valorización do xacemento arqueolóxico de Castro Castelo de Bóveda, un novo achado da vila limiá que conta cunha superficie superior a 15 hectáreas, e no cal se confirmou a existencia dun poboado fortificado de fai máis de 2.000 anos.

O roteiro micolóxico dará comezo ás 16:30 horas da tarde na parroquia de Bóveda, concretamente no punto de encontro do Mirador de A Chaira. O percorrido constará duns 3 ou 4 kilómetros de dificultade baixa, polo que será apto para todos os públicos. Estará dirixido por un especialista membro do equipo de Xeitura e da Asociación Os Corgodos, o cal axudará a atopar e a distinguir os diferentes tipos de fungos no monte do Castelo.

A estación actual é indicadora da final de tempada de cogomelos, é por iso que se poderán atopar especies tardías comestibles, tales como a cantarela ou a rúsula.

Para apuntarse á actividade será necesario realizar unha reserva chamando ao 672 05 93 20.

NOTICIAS A LIMIA | Roteiro micolóxico polo entorno do xacemento de Castro Castelo, en...