O custo da súa pérdida supera os 500 euros

NOTICIAS A LIMIA | A organización da Subida a Vilar de Barrio busca 13 vallas desaparecidas no evento

A Subida a Vilar de Barrio rematou coa desaparición de 13 vallas.

Na primeira Subida a Vilar de Barrio, celebrada o 5 e o 6 de novembro, algunhas persoas non foron só para desfrutar desta proba de automobilismo de montaña. O Concello de Vilar de Barrio confirmou a desaparición de varias vallas que se utilizaron no evento para marcar o trazado e para protexer tanto aos participantes como ós asistentes.

Dende a organización calcularon que faltan 13 vallas e o custo de cada unha delas é de 39,55 euros. Se non aparecen estas vallas, a Escudería Talariño, organizadora da proba, afrontará un gasto de 514,15 euros polas que se extraviaron. O Concello pide colaboración para que se poidan recuperar e así non ter que desembolsar os cartos pola súa desaparición.

 

Pese ao incívico comportamento dalgúns asistentes, a Escudería Talariño xa confirmou que o vindeiro ano regresarán para organizar a II Subida a Vilar de Barrio. "Os prometemos que va a superar a esta primera con creces. La semilla está puesta y esta subida se convertirá en un clásico dentro del calendario", aseguran.