O Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade informaba onte das porcentaxes totais de poboación diana inmunizada por concellos en toda a comunidade galega. Entendéndose coma poboación diana toda aquela que é susceptible de ser vacinada.
Entre os municipios con mellores resultados por provincia encóntrase: Sobrado (A Coruña) -cunha porcentaxe do 90,29 %- , Baleira (Lugo) -co 91,18 %- , Vilar de Barrio (Ourense) -91,44 %- e Agolada (Pontevedra) -cunha inmunización do 85,54 %- .
Vilar de Barrio, ademáis de figurar á cabeza da provincia de Ourense, é o concello con maior porcentaxe de inmunización de toda a comunidade galega. Á cola ségueno Montederramo (Ourense) -cunha porcentaxe do 91,42 %- , Baleira (Lugo) -co 91,8 %- , Abadín (Lugo) -co 90,77 %- , e Larouco (Ourense) -cun 90,30 %- .
No tocante ao resto de concellos da Comarca da Limia, as cifras son tamén notables:
- Xinzo de Limia: 79,73 %
- Baltar: 84,25 %
- Calvos de Randín: 84,77%
- Os Blancos: 88,61 %
- Porqueira: 87,56 %
- Rairiz de Veiga: 86,16
- Sandiás: 85,92 %
- Sarreaus: 90,24 %
- Trasmiras: 87,97 %
- Vilar de Santos: 84,84 %
Todos os datos facilitados correspóndese a persoas con tarxeta do Sergas.