O Concello de Vilar de Santos impulsa actividades gratuítas para fomentar a conciencia ecolóxica

Natureza en acción: un programa ambiental para descubrir Saa

Pobo de Saa no Concello de Vilar de Santos.

Este domingo dará comezo na aldea de Saa, no concello de Vilar de Santos, un programa de actividades ambientais promovido polo Concello e subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. O obxectivo destas iniciativas é fomentar a sensibilización ecolóxica e a posta en valor do patrimonio natural da zona.

A primeira das actividades programadas será un obradoiro de elaboración de caixas niño, que se desenvolverá este domingo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Posteriormente, o día 9 de marzo levarase a cabo unha actividade de observación ornitolóxica, o 22 de marzo celebrarase unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o proxecto de recuperación e posta en valor da aldea, e finalmente, o 27 de abril realizarase unha ruta micolóxica.

Ademais destas actividades abertas ao público, organizaranse accións específicas destinadas a grupos escolares da zona, co obxectivo de involucrar ás novas xeracións na conservación do medio ambiente.

Todas as actividades son gratuítase para obter máis información e realizar a inscrición, os interesados poden visitar a páxina web www.celtiatravel.com.