miércoles. 12.03.2025

Este domingo dará comezo na aldea de Saa, no concello de Vilar de Santos, un programa de actividades ambientais promovido polo Concello e subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. O obxectivo destas iniciativas é fomentar a sensibilización ecolóxica e a posta en valor do patrimonio natural da zona.

A primeira das actividades programadas será un obradoiro de elaboración de caixas niño, que se desenvolverá este domingo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Posteriormente, o día 9 de marzo levarase a cabo unha actividade de observación ornitolóxica, o 22 de marzo celebrarase unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o proxecto de recuperación e posta en valor da aldea, e finalmente, o 27 de abril realizarase unha ruta micolóxica.

Ademais destas actividades abertas ao público, organizaranse accións específicas destinadas a grupos escolares da zona, co obxectivo de involucrar ás novas xeracións na conservación do medio ambiente.

Todas as actividades son gratuítase para obter máis información e realizar a inscrición, os interesados poden visitar a páxina web www.celtiatravel.com.

Natureza en acción: un programa ambiental para descubrir Saa