A próxima semana volverán a realizarse cribados na Limia o luns, o mércores e o venres

CORONAVIRUS A LIMIA | Leve ascenso da incidencia, Xinzo mantense por baixo dos 400 casos activos

Unha veciña, no centro de saúde de Xinzo este venres.

No conxunto da comarca hai este venres 23 casos activos de covid-19 máis que onte. En total, son 547 contaxios os rexistrados. Despois de dúas semanas de subidas constantes, parece que a curva empezou a moderarse. En Xinzo, tras a notábel baixada deste xoves pola redución das corentenas, o número total de casos apenas experimentou un lixeiro ascenso, súmanse 6 contaxios máis até os 371 activos.

No resto de concellos, Rairiz e Porqueira soben a 22 e 20 casos respectivamente. Tamén volven ascender as cifras en Trasmiras e Vilar de Santos. Os de menor incidencias seguen sendo Calvos de Randín e Vilar de Santos. 

O SERGAS anunciou este mediodía que a próxima semana volverán a realizarse test de antíxenos en distintas localidades. En Xinzo, na Casa do Concello, serán o luns, o mércores e o venres. A web para anotarse é esta https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx 


Así están os rexistros
BALTAR  (variación +2)  17 (activos)
OS BLANCOS  (-1)  14
CALVOS DE RANDÍN (-1)  3
PORQUEIRA  (+4)  20
RAIRIZ DE VEIGA (+6)  22
SANDIÁS (+2)  31
SARREAUS (-1)  27
TRASMIRAS  (+3) 16
VILAR DE BARRIO (=)  8
VILAR DE SANTOS  (+3)  18
XINZO DE LIMIA  (+6)  371

No conxunto do país, este venres rexístranse 8.427 contaxios novos e soben até 64.781 os casos activos. Na Área Sanitaria de Ourense, a cifra de casos activos é de 8.048, mais houbo menos contaxios que na xornada de onte. Por concellos galegos, Xinzo de Limia figura no posto 45º da lista de localidades con maior número de contaxios activos nos últimos sete días. Foron 222. Por riba están Ourense (2.163 na última semana), O Barco (287), Verín (248), Barbadás (241) e O Carballiño (229).