Rairiz de Veiga e Xinzo de Limia presentan un leve descenso de positivos
CORONAVIRUS A LIMIA | A comarca non supera o medio cento de casos activos
16 de agosto de 2021 (15:03 h.)
Actualidade moi estable no tocante aos casos activos de infectados polo virus Covid - 19 na comarca da Limia. Nesta fin de semana Sarreaus, Sandiás e Xinzo presentan un leve descenso -só un caso menos cada un deles-, mentras que o resto de concellos se mantiveron estables.
No día de hoxe, Rairiz de Veiga anota un notable descenso, pasando dos tres casos activos a soamente un. Xinzo de Limia tamén presenta un descenso, pero moi leve -de 33 a 32-. O resto de zonas continúa sen variacións, destacando Vilar de Santos, Trasmiras, Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín e Porqueira con ningún caso activo rexistrado.
Datos dos casos activos do 16/08:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 0
- Rairiz de Veiga: 1
- Sandiás: 3
- Sarreaus: 5
- Trasmiras: 0
- Vilar de Barrio: 3
- Vilar de Santos: 0
- Xinzo de Limia: 32