jueves. 21.11.2024

Actualidade moi estable no tocante aos casos activos de infectados polo virus Covid - 19 na comarca da Limia. Nesta fin de semana Sarreaus, Sandiás e Xinzo presentan un leve descenso -só un caso menos cada un deles-, mentras que o resto de concellos se mantiveron estables.

No día de hoxe, Rairiz de Veiga anota un notable descenso, pasando dos tres casos activos a soamente un. Xinzo de Limia tamén presenta un descenso, pero moi leve -de 33 a 32-. O resto de zonas continúa sen variacións, destacando Vilar de Santos, Trasmiras, Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín e Porqueira con ningún caso activo rexistrado.

Datos dos casos activos do 16/08:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 0
  • Rairiz de Veiga: 1
  • Sandiás: 3
  • Sarreaus: 5
  • Trasmiras: 0
  • Vilar de Barrio: 3
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 32

CORONAVIRUS A LIMIA | A comarca non supera o medio cento de casos activos