O vindeiro martes 2 de abril, ás 11:00 horas, a Casa da Cultura de Xinzo de Limia será o escenario dunha xornada divulgativa organizada pola Subdelegación do Goberno en Ourense, en colaboración co Concello.
O encontro servirá para achegar información sobre a Oficina de Estranxeiría da Subdelegación e as súas canles de acceso, así como para ofrecer unha breve explicación sobre as novidades introducidas no novo Regulamento de Estranxeiría.
A sesión está especialmente dirixida a persoal técnico municipal, traballadoras e traballadores sociais, representantes políticos, CIMs, asociacións e ONGs, aínda que tamén está aberta ao público xeral interesado.
O acto contará coa participación do Subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e da xefa da Oficina de Estranxeiría, Josefina Rodríguez Durán.