Sandiás e Vilar de Santos tamén experimentan baixadas notábeis

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo reduce nun 15% o número de casos activos desde o venres

Centro de Saúde de Xinzo.

A comarca da Limia comeza a semana con 311 casos activos de covid-19 este luns. Son 94 menos que o luns da semana pasada, cando empezou a cambiar a tendencia. Xinzo de Limia volve a niveis de antes da festividade de Reis, cunha baixada do 15% desde o venres e un total de 180 rexistros hoxe.

Os contaxios tamén experimentan baixadas notábeis en Sandiás e Vilar de Santos, que alcanzaron máximos a semana pasada. En Sandiás, a redución do número de casos activos foi dun 37%, nove menos e un total de 15 hoxe. Sandiás estaba por riba dos 40 casos hai dez días. En Vilar de Santos a baixada foi dun 22% esta fin de semana.

No resto dos concellos a cifra de rexistros tamén se reduciu. Agás Trasmiras, que segue en 7 casos, os mesmos que o venres; e Vilar de Barrio, o único concello que sobe: dous casos máis, até alcanzar os 19. En Baltar a variación foi substancial, case á metade. Xa só ten 5 casos activos rexistrados este luns.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación -4)  5 (activos)
OS BLANCOS  (-2)  13
CALVOS DE RANDÍN (-3)  10
PORQUEIRA  (-5)  14
RAIRIZ DE VEIGA (-2)  10
SANDIÁS (-9)  15
SARREAUS (-2)  17
TRASMIRAS  (=) 7
VILAR DE BARRIO (+2)  19
VILAR DE SANTOS  (-6)  21
XINZO DE LIMIA  (-34)  180