A comarca da Limia comeza a semana con 311 casos activos de covid-19 este luns. Son 94 menos que o luns da semana pasada, cando empezou a cambiar a tendencia. Xinzo de Limia volve a niveis de antes da festividade de Reis, cunha baixada do 15% desde o venres e un total de 180 rexistros hoxe.
Os contaxios tamén experimentan baixadas notábeis en Sandiás e Vilar de Santos, que alcanzaron máximos a semana pasada. En Sandiás, a redución do número de casos activos foi dun 37%, nove menos e un total de 15 hoxe. Sandiás estaba por riba dos 40 casos hai dez días. En Vilar de Santos a baixada foi dun 22% esta fin de semana.
No resto dos concellos a cifra de rexistros tamén se reduciu. Agás Trasmiras, que segue en 7 casos, os mesmos que o venres; e Vilar de Barrio, o único concello que sobe: dous casos máis, até alcanzar os 19. En Baltar a variación foi substancial, case á metade. Xa só ten 5 casos activos rexistrados este luns.
Así están os rexistros
BALTAR (variación -4) 5 (activos)
OS BLANCOS (-2) 13
CALVOS DE RANDÍN (-3) 10
PORQUEIRA (-5) 14
RAIRIZ DE VEIGA (-2) 10
SANDIÁS (-9) 15
SARREAUS (-2) 17
TRASMIRAS (=) 7
VILAR DE BARRIO (+2) 19
VILAR DE SANTOS (-6) 21
XINZO DE LIMIA (-34) 180