Haberá actividades gratuitas para os cativos

NOTICIAS A LIMIA | Os concertos de bandas locais e as degustacións de produtos serán os protagonistas da II Feira do Agro Alimagro

O concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, recollendo patacas de Xinzo de Limia. | FOTO: Laura Rodríguez.

A II edición da Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola Alimagro está xa a volta da esquina. Este venres, sábado e domingo poderase disfrutar dunha gran variedade de actividades lúdicas ademais de 34 expositores de representantes e traballadores do sector. O evento estará suxeito ás normas de protocolo anti - covid requeridas.

A feira dará inicio o venres ás 9:00 da mañá coa presentación da Xornada de Producción Ecolóxica na Casa da Cultura de Xinzo, lugar no que se impartirá un curso sobre as posibilidades de comercialización da pataca ecolóxica. Ás 10:00 abrirase o recinto feiral no Pavillón de Deportes Municipal, no cal haberá uns 34 postos de traballadores, empresas e entidades relacionadas co mundo do agro e o cultivo da pataca. Sobre as 12:00 do mediodía procederase a realizar a inauguración oficial do recinto feiral. Á 13:00 e ás 19:00 horas ofrecerase ao público unha sesión de degustación da pataca a cargo de Sonia Trigo -do Café-bar Bando´s- . Finalmente, a feira pechará á 21:30 da noite.

O sábado, o recinto voltará a abrir ás 10:00 da mañán. Paralelamente, sobre as 11:30 impartirase na casa da Cultura un coloquio sobre as novas aplicacións da agricultura a cargo de Mooxvice. No Pavillón de Deportes ofrecerase de novo unha degustación da pataca programada para ás 13:00 e ás 19:00 horas. Posteriormente, ás 20:00 da noite, o Coro Aimil Folck de Xinzo de Limia amenizará a velada con cantigas populares galegas. O recinto cerrará ás 21:30 horas.

No último día, a apertura do recinto será á mesma hora que no resto de xornadas. Ás 11:00 horas da mañá dará inicio o esperado percorrido de vacas- por parte da xugada das vacas do Ángel de Morgade- no recinto ferial. Media hora despois impartirase un obradoiro de gastronomía saudable e sostible por parte do chef Carlos Parra -do Castelo de Maceda- . Ás 20:00 da noite haberá un concerto da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia, recentemente retonarnada de actuar no país veciño portugués. Finalmente, a feira rematará ás 21:30 horas cun evento de clausura.

Durante o horario de apertura da feira, os nenos poderán disfrutar de diversos xogos gratuitos coma unha ruta dos tractores e mesmo hinchables.